O Concello cambiará a caldeira da Casa da Cultura para aforrar máis e contaminar menos
San Sadurniño é un dos beneficiarios das axudas anuais do INEGA para proxectos de eficiencia enerxética coas que este organismo dependente da Xunta subvenciona instalacións de paneis solares, aerotermia, xeotermia e tamén de biomasa. O Concello aproveitou esta convocatoria para acometer a reforma do sistema de calefacción na Casa da Cultura instalando alí unha caldeira …